A corporación do concello de Ponteareas entregou as medallas do Corpus Christi 2019 aos e ás alfombristas elexidas por cada tramo e asociación de alfombristas. Durante o acto de entrega de medallas destacouse a figura do alfombrista Ramón Gallego Prado que recibíu unha mención especial recollendo a medalla o seu fillo José Antonio Gallego Álvarez. A afamada e máis representativa empresa galega de cerámica, Sargadelos, elexíu un deseño do ponteareán José Antonio Gallego para o deseño dunha bandexa que rende homenaxe ás alfombras florais do Corpus de Ponteareas; por este motivo e pola súa paixón como deseñador de alfombras e alfombrista que o levaba a plantar durante todo o ano distintas plantas e flores e a cultivalas con mimo, o Corpus 2019 decidíu renderlle unha emotiva homenaxe na que os seus familiares e achegados destacaban a ilusión coa que vivía a confección de alfombras florais.
Os nosos e nosas medallistas do CORPUS 2019 son:
DON MIGUEL JUAN PÉREZ DOMÍNGUEZ | OROTOVA |
DONA JESUSA MIRTA JORGE FERNÁNDEZ | PRAZA BUGALLAL |
DONA Mª ELVIRA RODRÍGUEZ GROBA | RÚA ORIENTE |
DONA MERCEDES BOUZA ANDRÉS | PRAZA MAIOR 1ºTRAMO |
DONA Mª NIEVES SUÁREZ RODRÍGUEZ | PRAZA MAIOR |
DON ALFREDO SESTELO DÍEZ TITULO POSTUMO | CRUCEIRO SAN GREGORIO |
DONA ELENA PINO ALMOFREY | FERREIROS 1º TRAMO |
DONA GENEROSA AGUADO FIGUEIRAS | FERREIROS SAN ROQUE |
DONA Mª VICTORIA AMOEDO AMOEDO | FONTE DO BARATILLO |
DON FEDERICO MARTÍN HERRADOR | FERNÁNDEZ VEGA |
DON DAVID GONZÁLEZ MANEIRO | CANTÓN DE BOAVISTA |
DONA ELENA ALONSO FUENTES | CASTIÑEIRA |
DONA Mª LUISA VÁZQUEZ PÉREZ | SAN BREIXO DE ARCOS |
DONA MÓNICA GUISANDE AUGUSTA | AS MONXAS |
DONA GUADALUPE CAMBRA DOMÍNGUEZ | REVERIANO SOUTULLO |
DONA ELVIRA PINO GESTEIRA | CONSTITUCIÓN |