A concellería de Ensino solicita á Xunta unha resposta inmediata para a implantación do bacharelato de artes

O goberno de Ponteareas ponse a disposición da Xunta de Galicia e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para comezar a traballar xuntos na implantación do bacharelato de Artes.

Segundo as informacións non oficiais achegadas á Concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández, existen moitas posibilidades de que para o vindeiro curso escolar lle concedan a Ponteareas o bacharelato de artes motivo polo que o Alcalde de Ponteareas e a Concelleira de Ensino volven solicitar reunión urxente coa nova conselleira para ofrecer todas as facilidades posibles para que esta ensinanza sexa unha realidade.

Xustamente nestes intres, o goberno de Ponteareas ven de coñecer os resultados das enquisas realizadas nos centros educativos de secundaria das comarcas Condado, A Paradanta e Louriña, nas que se reflexa o alto interés por estes estudos, con alumnos suficientes para implantalo o ano que ven.

Con estes datos, a Concelleira de Ensino precisa xa unha resposta oficial xa que os tres institutos de secundaria están interesados en acoller esta especialidade.

Cristina Fernández recórdalle á Consellería que a implantación destes estudos no concello de Mos non aportou ningunha solución xa que non existen vías de comunicación de transporte público entre a nosa comarca e o lugar donde se imparten estes estudos, mesmo para o concello do Porriño que limita con Mos é complicado trasladarse a ese centro. Por este motivo, segue a ser necesario a implantación do bacharelato de artes en Ponteareas para dar cobertura non só ao Condado e A Paradanta se non tamén a Porriño e Salceda. 

Pendentes siguen tamén temas urxentes que afectan a distintos centros escolares de Ponteareas.