A concellería de Ensino solicita a especialidade do idioma francés para a Escola de Idiomas

A concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, traslada á dirección xeral de centros dependente da Consellería de Educación a necesidade de incorporar a especialidade do idioma francés na oferta de estudos da delegación da Escola Oficial de Idiomas (EOI) en Ponteareas.

A extensión da EOI de Vigo en Ponteareas ubícase no IES do Val do Tea impartindo a especialidade de inglés.

Cristina Fernández traslada á Xunta de Galicia esta demanda da veciñanza da comarca que precisa ampliar a súa formación e curriculum.

Está demostrado que temos capacidade de poboación suficiente como para ampliar a nosa oferta formativa e entre os novos estudos debe figurar o idioma francés”.

A concelleira insiste na necesidade de ofertar todas aquelas formacións que teñan alta demanda para garantir que os e as interesadas poidan acceder sen ter grandes desprazamentos e sen sair da súa comarca.