A Concellería de Ensino publica a listaxe definitiva de concesión de axudas de libros e material escolar 2020


As familias con ingresos limitados poden solicitar o adianto da cantidade solicitada na axuda
A concellaría de Ensino, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, informa que xa están publicadas na páxina web do Concello as listaxes definitivas da concesión das axudas para libros e material escolar para o curso 2020/21 destinadas ao alumnado matriculado en educación infantil (4º, 5º e 6ª), FP básica, ciclos formativos e bacharelato.

O prazo de admisión de solicitudes finalizou o 18 de agosto estando destinadas a familias con ingresos limitados. Un total de 20.000€ para as familias empadroadas no Concello de Ponteareas que teñen menores ao seu cargo, matriculados para o presente curso escolar nalgún centro de ensino de Ponteareas en Educación Infantil, FP Básica, CF e Bacharelato, ou noutra localidade no caso de CF, para axudas de libros de texto e material escolar e que non dispoñen de ningunha outra axuda de organismo público.

Por sexto ano consecutivo a concelleira de Ensino colabora coas familias aportando un apoio máis ao acceso dun ensino de calidade e que acurta as diferencias sociais e garante a igualdade de oportunidades, sobre todo neste ano tan complicado por mor da crise sanitaria do COVID19.
Nesta edición, as bases regulan a posibilidade de que as familias reciban o adianto da contía da axuda a fin de poder mercar todo o material a comezo do curso e non ter que esperar á resolución definitiva e posterior transferencia por parte do Concello. “Resólvese deste xeito a carencia de recursos para algunha das familias máis afectadas pola crise deste ano” comenta a Concelleira de Ensino.

Con estas axudas cúbrense as necesidades de material educativo de 176 alumnas/os que son o total das solicitudes que cumprían os criterios establecidos nas bases.

A listaxe pode consultarse no taboleiro de anuncios da web municipal ou directamente nesta ligazón https://ponteareas.sedelectronica.gal/board/

Tamén se pode descargar o pdf aquí 20200925_Informe_listado de concesion axuda libros.