A concellería de Ensino convoca ao profesorado para coñecer a rede de Escolas da UNESCO

A concelleria de Ensino que dirixe Cristina Fernández organiza as xornadas sobre escolas UNESCO dirixidas ao profesorado. A xornada terá lugar no salón de actos do IES Pedra da Auga o día 14 de novembro ás 19:00 horas.

Intervirán Belén Jorge do IES Pazo da Mercéd, Carmen Sánchez do IES Pedra da Auga, Juan B. Martínez do IES Pedra da Auga, Mª Xosé Dourado do IES Luís Seoane, Mª Jesús Enguídanos do CEIP Isidora Riestra e Luísa Márquez, coordinadora do comité UNESCO en Galicia. 

Nesta xornadas o profesorado coñecerá a importancia de estar asociados ás escolas da UNESCO, a organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

Asumir os valores da UNESCO e traballar en favor da cooperación internacional, a paz, o diálogo intercultural, a defensa do patrimonio, o desenvolvemento sostible e a posta en práctica da educación de calidade son algúns dos obxectivos e compromisos que adquiren os centros asociados. 

O compromiso cos dereitos da infancia e coa educación capaz de transformar á sociedade son as máximas desta rede que integra a máis de 10.000 escolas de 181 países. 

Esta iniciativa da Concellería de Ensino camiña na liña das accións proxectadas dentro da estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” para facer de Ponteareas unha vila sostible a todos os niveis (sociais, mediomabientais, empresariais…).