A concellería de Educación informa que xa se pode solicitar o servizo de aula matinal para o curso 2020/2021

A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, informa ás familias que xa está a súa disposición os formularios para solicitar praza nas aulas matinais que, un ano máis, subvenciona o Concello en tódolos centros públicos de infantil e primaria tanto do centro urbano como do rural.

O prazo para a súa solicitude remata o día 20 de agosto e o formulario poderase descargar premendo  na ligazón que facilitamos debaixo  ou accedendo á web municipal na pestaña Ensino “aula matinal”. Unha vez completados, deberánse achegar ao departamento de Educación sito no andar baixo do Concello solicitando cita previa no número de teléfono 986 64 00 00. O servizo de aula matinal supón un importante apoio para a conciliación laboral e familiar.

FORMULARIOS:

AULA MATINAL RURAL

AULA MATINAL