A concellería de Cultura convida ao monólogo do actor Cándido Pazó no centro cultural de Guláns

Ao Centro Cultural de Guláns chegará este domingo día 26 o monologuista Cándido Pazó que actuará ás 20 horas dentro do programa Cultura 24, iniciativa da concellería de Cultura que dirixe Fernando Groba. 

O monólogo do autor, director de escena, narrador oral e actor galego nacido en Vigo, Cándido Pazó, será ofrecido por esta concellería totalmente de balde para o público.