A concelleira de Comercio e a Asociaicón de Comerciantes Tea presentan a sétima Feira de Oportunidades


A concelleira de Comercio e a Asociaicón de Comerciantes Tea presentan a sétima Feira de Oportunidades 

A concellería de Comercio, Hostalería e Consumo que dirixe Inés Vidal en colaboración coa Asociación de Comerciantes Tea organiza a sétima feira das Oportunidades que terá lugar os vindeiros 11 e 12 de agosto.

As rúas Oriente, Esperanza e Praza Bugallal convertiránse nun centro comercial no que atopar todo tipo de produtos e servizos a prezos rebaixados.

O sábado día 11 de 16:30 a 20:30 horas haberá un inchable acuático para os máis pequenos e para os maiores sorteos inmediatos. A xornada contará tamén coa animación dun Disc Jockey.

Esta feira continuará aberta durante todo o domingo día 12 ofrecendo de novo o inchable para os máis pequenos e pequenas, sorteos e música de disc jockey para animar. 

A concelleira de Comercio, Inés Vidal, anima a toda a veciñanza da área metropolitana a que veñan, compren e desfruten en Ponteareas donde poderán atopar os mellores produtos e servizos aos mellores prezos.

“As tendas sairán ás rúas nun horario e días especiais para atopar os mellores produtos incluso de tempada con rebaixas moi importantes. As familias ademais poderán gozar de actividades para nenos e nenas e tamén con animación para facer destes días de compras días tamén de festa e bo ambiente. Achegar o noso tecido comercial aos cidadáns da comarca e tamén do resto da área metropolitana é o obxectivo desta feira”.