A concelleira de Benestar Social quere recoñecer o esforzo e dedicación do persoal e dos usuarios da residencia municipal de maiores


A Concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ponteareas, Verónica Carrera, quere agradecer públicamente o esforzo realizado por todo o persoal da residencia municipal de maiores dende que se decretou o estado de alarma en marzo. “Sen o traballo, implicación e adicación de todo o equipo de traballo da nosa residencia, e o esforzo en cumprir as normas dos residentes, e logo de non ter ningún caso nestes meses, seguramente non sería posible”.

Tras nove meses de pandemia, esforzos, restricións e sofrimento, persoal e maiores da residencia municipal de Ponteareas recibiron este martes 29 a primeira dose da vacina para a inmunización da Covid-19. “A residencia municipal de Ponteareas foi a primeira da área de Vigo en recibir a vacinación contra a COVID-19 Un total de 54 persoas, entre persoal e residentes recibiron con esperanza a inmunización contra o virus Deste xeito, parece que o inicio do fin da pandemia está máis cerca”.

A concelleira nacionalista explica que queda un último esforzo, no que aínda se debe manter o control máximo de medidas sanitarias para finalmente despois da segunda dose de vacinación que se realizará en 21 días, persoal e residentes da residencia de maiores estarán máis protexidos.