A concellaría de Mobilidade e Tráfico informa da nova regulación do tráfico na rúa Redondela durante as obras de humanización

A concellaría de Mobilidade e Tráfico que dirixe Roberto Mera informa que, con motivo das obras de humanización da rúa Redondela e aos efectos de establecer unha regulación clara da mobilidade e do tráfico, por norma xeral poderán acceder co seu vehículo, tanto a esta rúa como ás adxacentes, os/as residentes, usuarios/as de garaxes, traballadores dos servizos comerciais e hostaleiros así coma os seus clientes. Non se poderá acceder cando de forma puntual as obras obriguen ao corte total da rúa. Neses casos a empresa adxudicataria informará con antelación e o corte farase polo menor tempo posíbel.

Ademais, non se permitirá o uso da rúa como itinerario de paso para dirixirse desde a rotonda do Axente Comercial á rotonda da estrada das Neves e viceversa, agás os servizos de urxencias e emerxencias. Os e as condutoras deberán realizar ese itinerario pola rúa Sarmiento Rivera e pola Avenida Rosalía de Castro.

Roberto Mera explica que a finalidade é reducir durante as obras o tráfico de paso pola rúa Redondela para facilitar as obras e a seguridade vial.

Agradecemos a súa colaboración e comprensión, pois as obras sempre supoñen

unhas molestias inevitabeis, pero necesarias para poder mellorar e transformar por

completo a rúa Redondela para o desfrute das persoas que viven e traballan nela”.

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico aconsella que para calquera dúbida ou aclaración se dirixan a Policía Local de Ponteareas nos número de teléfono: 092 desde Ponteareas e 986640050 dende fóra do concello.

Para un mellor coñecemento da nova situación, a concellaría distribuirá unha nota informativa entre a veciñanza e negocios da zona.

 

Descargue aquí a comunicación  Comunicación veciñanza rúa Redondela obras e tráfico 28.08.2020