A concellaría de Cultura e BANASTRA entregan os premios do concurso de relatos “Remata o conto”

Hoxe luns día 10 de agosto, na Biblioteca Municipal de Ponteareas entregáronse os premios do concurso de relatos “Remata o conto”. Unha iniciativa realizada pola Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación Comercial Banastra con motivo da IV edición da Feira do Libro de Ponteareas.

Nesta iniciativa participaron máis dunha ducia de relatos. O xurado despois das pertinentes deliberacións outorgou os seguintes premios.

1º premio a Estefanía Rodríguez Ríos que consiste nun vale de 100 € para gastar nos comercio do Centro Comercial Aberto Banastra máis un lote de libros.

2º premio a Deborah Francisco Garrido consistente nun vale de 75 € para gastar nos comercio do Centro Comercial Aberto Banastra máis un lote de libros.

3º premio a Victor Rodríguez Hermida que consiste vale de 50 € para gastar nos comercio do Centro Comercial Aberto Banastra máis un lote de libros.

O concelleiro de Cultura e Lingua destaca a calidade dos relatos presentados e anima a cidadanía a participar nestas iniciativas culturais que tamén benefician ao comercio local.