A Comunidade de Montes de Areas inaugura a mellora do parque da Bouza Vella

A estreita colaboración entre distintas institucións permitíu onte a inauguación das obras de mellora do parque da Bouza Vella situado en Ganade, Areas. O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Tenente de Alcalde, Chus Garrote e distintas concelleiras do goberno así como a Directora Xeral de Turismo e os distintos colectivos sociais da parroquia acompañaron onte á Comunidade de Montes de Areas que inauguraba o parque infantil e biosaludable da Bouza Vella.

Esta iniciativa da Comunidade de Montes en man común de Areas contou coa subvención do GDR Condado Paradanta a través do programa Leader Galicia 2014-2020 que aportou o 70% do custe total de 37.000€. O outro 30% aportouno a CMVMC Areas. As obras completáronse con fondos da propia comunidade de montes e coa colaboración do concello de Ponteareas na mellora de distintas infraestruturas do espazo público da contorna.

A veciñanza desfrutará dunha área recreativa para toda a familia enmarcada nun espazo natural de grande riqueza paisaxística e medioambiental. 

O Alcalde de Ponteareas destaca a importancia de traballar en conxunto coas distintas asociacións veciñais, culturais ou como neste caso, comunidade de montes, para ofrecer á cidadanía melloras nos servizos.

Eusebio Castro, presidente da CMVMC de Areas, suliña tamén que as comunidades de montes xunto con outros colectivos do rural deben ser actores comprometidos que deben traballar conxuntamente polo ben común. 

A comunidade de montes agradece, ademais, a colaboración do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta.