A Casa da Sociedade de Guláns cumpre 100 anos

A celebración do centenario terá lugar o vindeiro domingo, 18 de outubro, na propia casa da parroquia ponteareá e contará cunha exposición histórica da Banda de Música Unión de Guláns

CARTEL 100 ANOS CASA SOCIEDADEO centenario da Casa da Sociedade de Guláns será celebrado o vindeiro domingo, 18 de outubro, na propia casa da parroquia ponteareá a partir das 11:00 horas. Este especial aniversario será conmemorado cunha exposición histórica sobre a Banda de Música Unión de Guláns que incluirá instrumentos e fotografías antigas, ademais dalgúns vídeos conmemorativos.

A partir das 13:00 horas terá lugar un percorrido polas rúas desta parroquia a cargo da propia Banda de Música Unión de Guláns e o descubrimento dunha placa conmemorativa. Ao longo desta xornada tamén será presentado o libro “Un paseo pola historia da Unión”, que incorpora ilustracións da banda dende o ano 1913 e varias colaboracións de directores e escritores como Anxo Serafín Porto Ucha.

A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, salientou “a actividade ininterrompida durante os máis de 100 anos de historia dunha banda que alumeou grandes músicos que axudaron a crear o enorme patrimonio musical que ten a nosa vila”.