A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas organiza actividades lúdicas co motivo da Semana Santa, para a conciliación familiar.
As actividades realizaranse o luns 30 e martes 31 de marzo e o 1 de abril dende ás 11 ata ás 14 horas.
O obxectivo desta celebración é fomentar a lectura a toda a cidadanía para que se acheguen á biblioteca e a coñezan, ademais de divertirse no seu tempo de lecer.
A animación á lectura é unha das prioridades da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, así como ás actividades de extensión da biblioteca, de captación, de formación e en definitiva todo o que sexa abrirse ó público en xeral.