Cedeu numerosos libros en préstamo para que o alumnado dos diferentes cursos poidan levar a cabo unha investigación do mundo animal
A Biblioteca Municipal de Ponteareas colabora co CEIP de Santiago de Oliveira no proxecto documental integrado (PDI) deste curso, que leva por nome ‘Animalarium’ e se centra principalmente na investigación e coñecemento do mundo animal.
A biblioteca xa lle cedeu numerosos libros en préstamo para que o alumnado dos diferentes cursos poidan ter unha información máis completa dos distintos tipos de animais nos que se está a centrar cada un dos cursos do CEIP.
O coordinador da biblioteca municipal, Gonzalo Fernández Álvarez, e a profesora do CEIP de Santiago de Oliveira Beatriz Quintela Fernández fixeron revisaron os libros prestados para facilitar o traballo feito polo alumnado do centro neste novo proxecto.
Como sinala o edil de Cultura, Fernando Groba, a Biblioteca Municipal “é un espazo cultural, informativo, educativo e lúdico aberto a todos os sectores sociais”, polo que para o Concello é un orgullo achegar o seu gran de area en proxectos tan interesantes nos que participa a mocidade ponteareá.