A biblioteca municipal de Ponteareas anima a todas as persoas a viaxar da man dun libro

A cidadanía dispón dunha plataforma web de préstamos de libros

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas comunica a todas as persoas que dispoñen dunha plataforma de préstamos de libros.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas e para tódalas idades no que todas as persoas lectoras atoparán o xénero e tema que máis lle gusta (ficción, informática, historia, ocio etc).

En GaliciaLe o lector disporá de dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Non tés carné de biblioteca? Rexístrate e coas claves que recibirás, accederás igualmente a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné para seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe https://catalogo.galiciale.gal/