A Biblioteca municipal achega a nenos e nenas á figura de Xela Arias a través do programa ‘Ler conta moito’

A Biblioteca municipal achega a nenos e nenas á figura de Xela Arias a través do programa ‘Ler conta moito’Necesaria inscrición previa para participar nesta actividade que se desenvolverá o xoves 8 de xullo ás 11.30 horas

 

A Biblioteca Municipal de Ponteareas acolle esta semana unha nova actividade pensada para o fomento da lectura dun xeito lúdico e atractivo. Ao abeiro do programa ‘Ler conta moito’ da Xunta de Galicia, o xoves 8 de xullo ás 11.30 horas o colectivo Polo Correo do Vento traerá á biblioteca a actividade baseada na súa publicación ‘Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua’, na que contan, ilustran e musicalizan a biografía da escritora, poeta e tradutora á que este se lle dedicou o Día das Letras Galegas.

 

O obxectivo é “promover entre o público máis novo non só a lectura, senón tamén a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística”, salienta o concelleiro de Cultura, Fernando Groba. Esta actividade permite ademais achegar aos nenos e nenas á biblioteca como “un espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais”.

 

Para participar na actividade é necesaria a inscrición previa na propia biblioteca, chamando ao 986 660 765 ou a través do enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.gal.