A Biblioteca de Ponteareas gaña o premio “María Moliner” polo seu traballo na difusión da lectura

O Club de Lectura da Biblioteca Municipal retoma a súa actividade despois do período estival

O Concello agradece ao persoal “o seu gran traballo” e incide en que continuarán apostando por iniciativas para acercar á veciñanza á literatura

 

A Biblioteca Municipal de Ponteareas acaba de ser premiada no Certame de Proxectos de Animación á Lectura María Moliner 2021 pola seu labor na difusión da lectura na vila do Tea. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, agradece e felicita ao persoal “polo seu gran traballo” e lembra que dende o Concello “non pararemos de apostar por iniciativas para acercar á veciñanza ao pracer de ler”. 

 

O xurado do premio destacou o mérito dos programa “A biblioteca cerca de ti”, que permitiu a posta en marcha de actividades, contacontos, obradoiros, club de lectura e encontros con escritores co obxectivo de difundir a lectura entre os veciños e veciñas. A Biblioteca de Ponteareas recibirá máis de 2.000 euros, que se destinarán a ampliar os fondos bibliográficos.

  

A campaña Animación á Lectura é un concurso dirixido a concellos de menos de 50.000 habitantes, que pon en marcha o Ministerio de Cultura e Deporte en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias, a través do cal se premian os mellores proxectos ou actividades de dinamización da lectura desenvolvidas. nas súas bibliotecas, co obxectivo de promover a lectura entre todos os colectivos sociais, especialmente entre os nenos e mozos, que constitúen a base dos futuros lectores adultos.