A banda “Reveriano Soutullo” encherá de música o Auditorio Municipal este domingo

A actuación será ás 18.00 horas con entrada de balde

 

A banda Reveriano Soutullo encherá de música este domingo ás 18.00 horas a sala multiúsos do Auditorio Municipal. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, lembra que a entrada é de balde e anima a todos os veciños e veciñas a desfrutar dunha agrupación que presentará as súas mellores melodías para todos os públicos, xa que conta cun amplo repertorio adaptado a todas as idades, entre o que se pode escoitar música galega de sempre, con pezas de compositores ponteareáns, pero tamén con títulos máis modernos. 

 

A banda de música debe o seu nome ao histórico compositor ponteareán, Reveriano Soutullo, unha das figuras musicais máis influínte e importante de principios do século pasado. Na súa grande obra o compositor sempre gardou unha gran relación coa música tradicional do país, como a banda á que lle da nome, e aportou vairas creación propias e instrumentacións do repertorio internacional en certames de bandas de música e orfeóns de Galicia. Todo esta traxectoria exemplificase nunha das súas cancións máis coñecidas: “Pasodobre de Ponteareas”.