A Banda de Música Unión de Guláns pon a nota artística ao Cultura24 esta fin de semana en Arcos

Actuación será o vindeiro domingo 23 ás 12.30 horas de balde

A Banda de Música Unión de Guláns pon a nota artística ao Cultura24 esta fin de semana en ArcosO programa Cultura24 segue achegando novas actividades culturais e de lecer ás parroquias de Ponteareas. O vindeiro domingo 23 de abril a Casa Cultural de Arcos acollerá a actuación da Banda de Música Unión de Guláns, unha das máis antigas de Ponteareas con 153 anos de vida e que tras os anos de pandemia neste 2023 está a celebrar o seu 150 aniversario por todo o alto.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a toda a veciñanza a participar neste novo concerto do Cultura24, “un programa cultural que achega a actividade ás 24 parroquias do concello ao tempo que se dinamizan as casas e centros cultural e o tecido creativo da propia vila”. Destaca ademais a importancia de acompañar á banda nas actuacións que realiza este ano, “xa que temos que por en valor a súa ampla traxectoria e legado”.

O concerto na parroquia de Arcos será ás 12.30 horas de balde con entrada libre ata completar aforo.