A actuación forma parte do programa Cultura 24 do Concello que está a promover espectáculos en todas as parroquias do municipio
O Terreiro de Santiago Oliveira estará animado o vindeiro domingo ás 13.00 horas cando a banda de música Reveriano Soutullo toque as súas mellores pezas. A agrupación conta cun amplo repertorio adaptado a todas as idades, entre o que o público poderá escoitar música galega de sempre, con pezas de compositores ponteareáns, pero tamén con títulos máis modernos. A entrada é de balde.
A través deste programa a Concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, procura levar a actividade cultural e de lecer ás 24 parroquias do municipio, dinamizando os centros culturais e o propio tecido creativo da vila. O Cultura24 continuará coa súa oferta de actuacións en diferentes puntos do concello ata o vindeiro mes de outubro.