A Axencia de Lectura de Ribadetea celebra o Día do Libro Infantil coa actividade “A música das árbores”

Dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos de idade, terá lugar o luns, 4 de abril, a partir das 16:30 horas

 

a música das árbores“A música das árbores”, unha actividade desenvolvida polo músico Servando Barreiro, é a obra escollida pola concellería de Cultura xestionada por Hortensia Bautista para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil na Axencia de Lectura de Ribadetea o vindeiro 4 de abril a partir das 16:30 horas.

 

A actividade, baseado no libro-cd co mesmo título que foi editado no outono de 2015, é gratuíta e está pensada para que os nenos e nenas de entre 3 e 10 anos poidan gozar dunha sesión vespertina na que se conxugarán contos e cantos participativos co principal obxectivo de sensibilizar aos cativos co medio ambiente.