A concellaría de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico que dirixe Benito Márquez,recorda a cidadanía o comezo de novos cursos na Aula CEMIT que está ubicada no Centro Social na rúa Oriente. A aula CEMIT ofrece formación informática totalmente de balde axeitando o deseño dos cursos á demanda e necesidades da cidadanía, por este motivo o responsable dos cursos recorda que se poden achegar á aula CEMIT suxestións para estudar as necesidades de formación informática e programar distintos niveis e contidos a medida da demanda.
A aula CEMIT abre o prazo de inscrición para os cursos que comezarán a impartirse neste mes de xeito non presencial. A inscrición pode realizarse na seguinte ligazón https://cemit.xunta.gal/gl/centro/59
O alumnado contará con titorías online e offline por correo electrónico e en liña segundo cita previa no horario de atención do aula todos os días de 9 a 11 horas e os mércores de 21:30 a 22:30hrs.
Para obter máis información ou trasladar as súas necesidades formativas, as persoas interesadas deberán contactar a través de chamada ou de mensaxe de whatsapp no número de teléfono 634 238 962
Ademais poderán contactar coa aula CEMIT de Ponteareas a través do enderezo electrónico cemit.ponteareas@xunta.gal