A Asociación Ponteareas Comercial sorteará vales de ata 500 euros en compras

camp-nadal-pont-comercialTodas as compras que se realicen entre o 16 de decembro e o 5 de xaneiro nalgúns dos establecementos adheridos á campaña de Nadal da Asociación Ponteareas Comercial, os cales serán identificados cun distintivo situado nun lugar visible de cada un deles, terán dereito a participar un sorteo no que se entregarán 1 vale de 500 euros, 1 vale de 200 euros e 1 vale de 100 euros en compras que poderán ser efectuadas en varios comercios adheridos á campaña.

Os vales serán divididos, asemade, en varias papeletas de 5, 10 e 20 euros. O vale de 500 euros en compras, por exemplo, será entregado en 20 papeletas por valor 5 euros cada unha, 10 papeletas por valor de 10 euros cada unha e 15 papeletas por valor de 20 euros cada unha. Deste xeito, a asociación permite que poidan ser utilizados en moitos dos centros participantes na campaña.

O concelleiro de Comercio, Mario Lago, afirmou “esta campaña segue a mesma liña que a mensaxe que queremos transmitir dende a concellería coa campaña Merca en Ponteareas, animando á veciñanza a realizar as súas compras nestas datas na vila e aproveitando o amplo e diverso tecido comercial do que goza o concello”.

O sorteo celebrarase o 15 de xaneiro e a entrega dos vales terá lugar o 22 de xaneiro no local da Asociación Ponteareas Comercial, situado na rúa Amado Garra, número 12. Todas as persoas premiadas serán avisadas por teléfono, a través do número de contacto que faciliten nos folletos habilitados para encher os datos persoais despois de efectuar as súas respectivas compras.