Todas as compras que se realicen dende o 13 ata o 30 de novembro nos centros adheridos a esta asociación participarán nun sorteo de vales de compra e cestas de Nadal
Os 80 establecementos ao centro comercial aberto Ponteareas Comercial participan nunha campaña denominada “Anticípate ao Nadal”, a cal, en palabras da propia asociación, “pretende premiar a fidelidade dos nosos clientes”.
Todas as compras que se realicen entre o 13 e o 30 de novembro nalgún dos establecementos que conforman este colectivo darán dereito a adquirir outros tantos boletos para participar nun sorteo de 10 vales de compra que poderán ser utilizados en calquera destes locais comerciais e de 3 cestas de Nadal.
O sorteo celebrarase o venres 4 de decembro e os premios serán entregados nun acto público que terá lugar no Centro Artístico Sportivo o luns, 7 de decembro, ás 21:00 horas. As persoas premiadas poderán utilizar os seus boletos gañadores entre os días 10 de decembro de 2015 e 5 de xaneiro de 2016, ámbolos dous inclusive.
A concellería de Comercio, xestionada por Mario Lago, anima á veciñanza a participar dunha campaña “dinamizadora que esperamos sexa todo un éxito”.