A Asociación De Axuda ao Desafiuzado organizará un acto solidario en Ponteareas

O CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera será o escenario dun evento no que colabora o Concello de Ponteareas e que servirá para recadar fondos para a asociación

cartel 2º EVENTO-1 SANTI“Levamos atendidos máis de 30 casos ao longo deste ano 2015 nos que conseguimos que as persoas que tiñan que enfrontar un desafiuzamento conseguiran, ben permanecer na vivenda, ben optar a unha alternativa habitacional”. Son palabras de Arantxa Rodríguez, presidenta da Asociación de Axuda ao Desafiuzado, activa dende comezos deste ano e principal promotora dun evento solidario que se celebrará no CEIP Ramiro Sabell Mosquera a partir das 16:30 horas do sábado, 7 de novembro.

Sorteo de regalos en diferentes establecementos, xogos, atraccións e actividades de animación para nenos dende primeira hora; ademais de actuacións musicais e de baile galego e sevillano a partir das 19:00 horas para animar unha tarde na que a asociación só pedirá a colaboración cun pequeno donativo para poder participar.

A presentación do evento contou co apoio deas-axuda-desafiuzado varios representantes do goberno. A primeira tenente de alcalde, Chus Garrote, a concelleira de Ensino, Cristina Fernández, o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, coñeceron máis polo miúdo o traballo da asociación, que vén de organizar un concurso de ideas en colaboración coa concellería de Cultura, dirixida por Hortensia Bautista.

Trátase dun certame que contou con varias categorías repartidas por idade e no que cada participante presentaba unha ou varias ideas que axudaran a mellorar a vida deles mesmos e dos demais. O concurso, que contou co patrocinio do Concello, tamén tivo a colaboración do consistorio en forma de premios para os gañadores que se entregarán este sábado no evento solidario organizado por esta asociación.