A Asociación Cancro de Mama Pilar Domingo convida a toda a cidadanía á cea solidaria do venres 18 de outubro

dav

A concellería de Saúde, que dirixe Cristina Fernández, convida a participar nas actividades coorganizadas coa Asociación Cancro de Mama, Pilar Domingo para concienciar sobre esta enfermidade e recadar fondos para a asociación que da servizos de apoio ás pacientes.

A cea soliaria será o vindeiro venres 18 de outubro ás 21:30 horas e terá un custe de 20€ por persoa, este prezo inclúe un donativo de catro euros para a asociación. O menú será a base de entrantes variados, churrasco mixto, bebida, pan, postre e café e a cea estará amenizada pola banda de Mazinger.

Todas e todos os que desexen amosar o seu apoio poderán inscribirse no número de teléfono 617 33 01 71 ou na pizzeria O Castelo ubicada no Paseo Matutino número 9 en horario de 12:30 a 15:30 ou de 19:30 a 23:30 horas.

A Asociación Cancro de Mama Pilar Domingo agradece a máxima colaboración e difusión para que todos xuntos apoiemos ás mulleres e familias que conviven con esta enfermidade.