O venres 18 de marzo, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor instalará un posto de información na Praza Bugallal para conmemorar o Día Mundial do Consumidor
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Ponteareas, xestionada por Antonia Yanes, traslada o seu servizo á Praza Bugallal para conmemorar o Día Mundial do Consumidor, que se celebrou o pasado 15 de marzo.
Deste xeito, o vindeiro venres, 18 de marzo, a partir das 09:00 e até as 14:00 horas, todos os veciños e veciñas interesados en coñecer un pouco máis polo miúdo o “excepecional labor que se realiza dende esta oficina para a resolución de conflitos de consumo, non teñen máis que achegarse ata a Praza Bugallal”, salientaron o alcalde ponteareán, Xosé Represas, e o concelleiro de Consumo, Mario Lago.
Todas aquelas persoas que decidan pasar polo stand da OMIC poderán, asemade, levar diferentes folletos informativos e unha carpeta persoalizada na que poder gardarlos e na que se especifican os labores de asesoramento que se levan a cabo dende a OMIC de Ponteareas.
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor está situada no Edificio de Servizos Socias, na rúa Oriente, número 8, 2ª planta. O seu enderezo electrónico é omic.ponteareas@xunta.es e o horario habitual de atención ao público é de 08:00 a 15:00 horas.