Ponteareas homenaxeou a Rosalía de Castro

O Concello de Ponteareas rendeu homenaxe a Rosalía de Castro a través de varios actos cos que se quixo conmemorar o Día de Rosalía de Castro.

 

Q55A1027Por unha banda, o Salón de Sesións da Casa do Concello acolleu a lectura da declaración institucional do Día de Rosalía  na voz da  concelleira de Cultura e Normalización Lingüística, Hortensia Bautista, tras a cal a poetisa Isabel Blanco recitou varios poemas de Rosalía de Castro e outro dedicado por ela mesma a poetisa galega máis universal.

Como colofón ao acto, o Grupo Folclórico Pedra da Garza de Fozara  interpretou o Himno do Antigo Reino de Galicia.

 

Tras este acto institucional, ás 19:00 horas, o Auditorio Reveriano Soutullo acollía o Festival Rosalía; poesía e música a cargo de Percusión Infanftil do Centro Cultural de Chaín, Wiki Rosalías, LeCras de Dodro, as Pandereteiras Pedra da Garza e Mínima Son.