Silvia Taboada consegue o sub campionato galego dos “10 bailes de baile deportivo”

A bailarina dirixe unha escola de baile en Ponteareas dende hai máis de 7 anos

IMG-20160215-WA0007Silvia Taboada, ponteareá de adopción que dirixe unha escola de baile na vila dende hai máis de 7 anos, vén de conseguir o segundo posto do Campionato Galego dos “10 bailes de baile deportivo”.

 

A proba celebrouse en Vigo o pasado domingo 14 de febreiro e permitiu que Taboada e a súa parella de baile, Celso López Galán, acadaran o sub campionato nun encontro que incluíu tanto os bailes latinos (samba, cha cha chá, rumba, pasodobre e jive) como os standard (vals inglés, tango, vals vienés, slow fox y quick step).

 

Benito Márquez, concelleiro de Deportes de Ponteareas, eloxiou “a capacidade de traballo que teñen tanto Silvia como a súa parella profesional” e felicitouse por contar “en Ponteareas cunha profesional de tan alto nivel, que en cada unha destas competicións deixa o seu nome e o do Concello nunha posición de privilexio”.