Chega a Ponteareas a segunda edición da Toyota Ibericar Auto Enduro Mtb

Unha proba para os amantes da bicicleta de montaña que terá lugar os días 20 e 21 de febreiro no monte da Picaraña

toyota-ibericar-1Xa está aberto o prazo de inscrición a través desta ligazón. O monte da Picaraña servirá como circuíto de competición durante os vindeiros días 20 e 21 de febreiro da Toyota Ibericar Auto Enduro MTB, unha modalidade enmarcada no ámbito da bicicleta de montaña que se sitúa nun punto intermedio entre o cross country e o descenso.

O percorrido transcorrerá por terreos tales como pistas, camiños, sendeiros, bosques ou estradas asfaltadas. O Club Ciclista XtremBike é o organizador dunha proba na que xa están inscritos máis de 30 participantes e na que colabora a concellería de Deportes que xestiona Benito Márquez.