Ponteareas pecha o Entroido co Enterro da Sardiña

enterro_sardinhaOs días de alegría e colorido do Entroido rematan este mércores co Enterro da Sardiña.

Tras varios días de actividades nos que Ponteareas encheuse de colorido co desfile de  máis de 600 persoas disfrazadas nas 16 comparsas que desfilaron o domingo e o martes de Entroido, ademais do concurso infantil de disfraces celebrado este luns pasado e o desfile da Comparsa Talismán, a animación musical puxo ambiente a todos estes días de festa carnavelesca que rematan hoxe co Enterro da Sardiña.

Antes de pórlle fin á sardiña, o velorio terá lugar diante da Casa do Concello, ás 20:00 horas, desde onde partirá, ás 20:30 horas, a cohorte do enterro, entre choros, acompañada da Charanga SDK de Guláns, realizando o percorrido de costume para na Praza Maior proceder á súa queima e  pór fin así ao Entroido ata o vindeiro ano.

Os nenos poderán disfrutar da proxección da película “PANCHO, el perro millonario” no Auditorio Reveriano Soutullo, ás 17:00 h, con entrada gratuíta