35 xadrecistas participaron no V torneo internacional sub-2200

Esta fin de semana celebrouse nas instalacións do I.E.S. do Barral, o V Torneo Internacional Sub-2200 Xadrez Ponteareas “II Gran Premio ACLUDI” no que competiron 35 xogadores, procedentes de clubs de toda Galicia.

Os organizadores, o Club Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas, amosa a súa satisfacción pola deportividade dos e das xadrecistas e agradece o patrocinio da firma comercial ACLUDI e o apoio e colaboración do I.E.S. do Barral, do C.D. O Barral e do Concello de Ponteareas.

Xogáronse 5 partidas a un ritmo de 60 minutos por xogador + 30 segundos por cada xogada realizada, emparellados polo Sistema Suízo. Os resultados deste evento computan para a clasificación oficial da Federación Internacional de Xadrez (FIDE). Os árbitros do evento foron Juana Martínez e Natalia Outerelo.

O podio de vencedores foi o seguinte:

CATEGORÍA XERAL:

Campión: Xavier Pérez Sousa (Club Xadrez Mos).

Sub-Campión: Carlos Miguel Chaves Otero (A. C.D. Dorna Illa de Arousa).

3º Clasificado: Brais Otero Nogueira (Club Xadrez Mos).

CATEGORÍAS ESPECIAIS:

1º Clasificado Cat. Sub-1800: Manuel García Fernández (Club Ateneo de Ourense)

1º Clasificado Cat. Sub-1400 : Paula Toucedo Morgadás (Club Xadrez Mos)

1º Clasificado Cat. sen Elo: Sandra Sousa Fernández (Club Xadrez Mos)

1º Clasificado Cat. Veterano: Belarmino García Martínez (Club Xadrez Alekhine de Vigo)

1ª Muller Clasificada: Noa Costas Senlle (Club Xadrez Mos)

1º Clasificado Cat. Sub-16: Sergio Pérez Estévez (Club Xadrez Mos)

1º Clasificado Cat. Sub-14: Belarmino García Camiña (Club Xadrez Alekhine de Vigo)

1º Clasificado Cat. Sub-12: Mario Bastos González (Club Xadrez Mos)

1º Clasificado Cat. Sub-10: Mauro Castro Barciela (Club Xadrez Mos)

1º Clasificado Cat. Sub-8: María Alonso Moyano (Club Xadrez Vila de Bouzas)

No acto de clausura do torneo acompañaron á Directiva do Club, a Concelleira de Deportes Nahir Covelo e o Director do I.E.S. do Barral Álvaro Groba. Concedéronse trofeos aos 3 primeiros clasificados e ás categorías especiais (idade, ELO, etc).

Os tres primeiros recibiron tamén un lote de agasallos do Club e da Empresa ACLUDI, patrocinadores do evento. Sorteouse tamén un obsequio entre todos os participantes.

A organización do torneo agradece a todos os xogadores a súa presenza e convídaos a participar no próximo torneo que se celebrará o día 21 de decembro no Colexio Santiago Apostol. Agradecer á empresa “ ACLUDI”, ao Club Deportivo O Barral e ao Concello de Ponteareas a súa colaboración neste evento, así como á dirección do I.E.S. do Barral pola cesión das súas instalacións.