300 anos da presenza franciscana en Ponteareas

O Concello de Ponteareas organiza unha homenaxe aos franciscanos, que terá lugar este venres, 6 de novembro, ás 20:00 horas no Convento de San Diego de Canedo

convento-de-canedo-ponteareas_58714Este ano 2015 se cumpren 300 anos da chegada dos franciscanos a Ponteareas (1715-2015). Para celebrar este aniversario o Concello de Ponteareas organiza unha homenaxe aos franciscanos, que terá lugar este venres, ás 20:00 horas no Convento de San Diego de Canedo.

Este acto constará de dúas partes. Unha conferencia titulada: “A fundación do Convento de Canedo e a presenza franciscana en Ponteareas”, a cargo de Don Juan Manuel Buján García; e outra dun concerto no que os alumnos do Conservatorio Profesional Reveriano Soutullo interpretarán obras de compositores clásicos e contemporáneos.

Dende a concellería de Cultura, xestionada por Hortensia Bautista, quérese animar a todas as persoas interesadas a participar nesta homenaxe aos fransciscanos de Canedo.