Novas instalacións para formación ocupacional en ponteareas

Q55A1789O concello de Ponteareas, pon a disposición dos desempregados de Ponteareas, as novas instalacións  do Centro de Desenvolvemento Local.

Na concellería de emprego, que dirixe Marisol Valado, ven de recibirse a homologación por parte da Xunta de Galicia, das novas instalacións propostas para impartición de accións formativas prioritariamente para desempregados en 6 especialidades.

“Implementar, a ferramenta da formación profesional ocupacional, como clave para acadar unhas meirandes posibilides de inserción laboral, daqueles colectivos que non acadaron unha cualificación, acorde coa demanda do mercado laboral actual”, e un dos obxectivos da miña concellería, destaca Valado, polo que, conscentes da necesidade de  actualización contínua, necesaria, para adaptarse aos requerimentos dos novos certificados de profesionalidade, acometeronse as obras de remodelación das aulas 4 e 6 do CDL,  para dar acollida a 4 especialides das que xa se tiña homologación, pero estaba desfasada como no caso de Atención  Sociosanitaria a Persoas en Domicilio, Atención Sociosanitaria a Persoas en Institucións Sociais, Auxiliar de Enfermería en Xeriatría e Técnico en Dietética e Nutrición e dúas novas como son Emprego Doméstico e Limpeza de Edificios e Superficies.

As novas instalacións supoñen mais de 135 metros cadrados, completamente renovados, nos que se ubican os talleres de ditas especialidades e que contan cun equipamento técnico e didáctico axeitado, aos requerimentos actuais, como camas articuladas manuais e eléctricas, camillas de exploración, equipos de resucitación, cadeiras de rodas e o máis destacando: o “mini apartamento” do taller sociosantario en domicilio, no que os alumnos/as poderán facer prácticas en espazos diferenciados como: cociña totalmente equipada, baño, habitación, espazos comúns, etc…

Valado, subliña que “as obras necesarias de adecuación das instalacións, acometéronse con recursos propios, e poderán ser utilizadas tamén polos asistentes do taller de Autonomía Personal de Asprodico”, así como por aquelas institucións ou organizacións que o soliciten.

Está previsto que as primeiras accións formativas, nas que participarán 45 desempregados, que estrearán os novos espazos, se inicien a partir de mediados de agosto con: Emprego Doméstico, Atención Sociosanitaria en Domicilio e Atención Sociosanitaria en Institucións.