200 participantes tomarán a saída o domingo 19 de febreiro na Toyota Nipocar Enduro MTB 17

Ponteareas acolle, un ano máis, o primeiro campionato da categoría enduro do calendario galego

As 9 horas do vindeiro domingo 19 de febreiro, tomarán a saída os máis de 200 participantes do Toyota Nipocar Enduro MTB 17-Gran Premio Concello de Ponteareas,  para percorrer os 35 quilómetros dos que consta unha proba tan espectacular como dura que se desenvolverá nun circuíto moi esixente. De aí a catalogación da súa dificultade como de nivel alto.

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, foi o encargado de presentar a proba acompañado por Samuel Esteves, José Manuel Groba Martínez; Miguel Carballo e Juan Nieves.

Unha das novidades que presenta esta edición 2017 da Toyota Nipocar Enduro MTB será que as categorías amador e cadete, contarán con tres tramos cronometrados, o que dará maior espectacularidade á proba.

Esta é a primeira enduro do calendario galego e, dende a súa primeira edición, consolidouse como unha das citas máis importantes da especialidade, de tal xeito que, como se sinalaba na presentación “conta con participantes chegados a Ponteareas dende moi diversos puntos da península ibérica”.

Foi definida polos organizadores, como una proba “dura” e de “gran espectacularidade para os numerosos afeccionados que se dará cita en Ponteareas durante a fin de semana”.

Benito Márquez indicou que, como en anteriores edicións, os accesos estarán debidamente marcados para que o público poida acceder ao circuíto con comodidade. A proba conta co patrocino de Toyota Nipocar Alonso y Serodio; Pizzería Castelo; Sport Factory; Aguas de Sousa; Concello de Ponteareas e as distintas comunidades de montes polas que descorre a proba.