Entrega de diplomas do programa actívate en Ponteareas

Q55A1506Hoxe no salón de actos do concello de Ponteareas, tivo lugar a entrega de diplomas aos participantes no programa “Actívate” que promove a Deputación Provincial e no cal participa o concello mediante un convenio de adhesión.

O acto asistíu a Deputada Provincial Marta Iglesias, que estivo acompañada do alcalde Salvador González Solla e da concelleira de emprego Marisol Valado.

O programa “Actívate”, ten como obxectivos fundamentais: a formación dos xóves entre 16 e 35 residentes en Ponteareas, a súa orientación na busca de emprego e lograr a mellora do seu desenvolvemento persoal a través da ocupación do seu tempo de inactividade laboral.

Nesta derradeira programación impartíronse no Centro de Desenvolvemento Local,  dúas accións formativas: “Reparacións Domésticas de Fontanería, Albanelería e Carpintería” e “O Xogo Infantil”. Cada unha de elas con unha duración de 40 horas e nas que participaron 39 xóves ponteareáns, que adquiriron tanto coñecementos conceptuais teóricos como procedimentais ou prácticos e ademais  tamén recibiron un taller sobre técnicas de busca de emprego e habilidades sociais para a inserción laboral.

A deputada Marta Iglesias e o alcalde Salvador González, salientaron os esforzos que tanto dende a Deputación Provincial como do Concello se etán a facer para achegar ós xóvenes en desemprego a posibilidade de acceder ao mercado de traballo mediante a mellora da súa formación.

Pola súa banda a Concelleira de Emprego Marisol Valado, transmitíulle a novos diplomados “que o obxectivo primordial da súa concellería é a percura dunha formación de calidade que redunde nunha maior competitividade de todos os asistentes, ao mesmo tempo que se incrementan a súas posibilidade de emprego tanto de forma autónoma ou por conta allea”.