A O.M.I.C de Ponteareas reúnese con outras asociacións de consumidores na fiscalía provincial de Pontevedra

PRENSAA Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Ponteareas, que dirixe a concelleira de consumo, Mª Sol. Valado, foi convocada , xunto con outras asociacións de consumidores e representantes do I.G.C. de Vigo e Pontevedra, a unha reunión na Fiscalía Provincial de Pontevedra, para que ante o Fiscal de Consumidores propoñer cuestións que están provocando un número meirande de queixas ou reclamacións, co fin de evitar as mala prácticas que perxudiquen aos consumidores e usuarios.

A responsable da O.M.I.C., Antonia Yanes, expuxo algunhas cuestións das reclamacións presentadas , que consideraba de interese para dita reunión, deixando un dossier ao Fiscal para o estudo máis pormenorizado; entre os temas máis importantes están as continuas queixas e reclamacións contra as empresas comercializadoras e distribuidoras da enerxía eléctrica; as malas prácticas bancarias, problemas graves dos veciños coas telefonías, cláusulas abusivas dos contratos de seguros, garantías dos bens inmobles, problemas dos veciños cos talleres do coches, entre outras cuestións.

Por outra banda, a esta O.M.I.C. , como canal informativo aos  veciños, remitíuselle recentemente dende a Consellería de Industria unha información fundamental para que os titulares, das instalacións eléctricas de baixa tensión afectadas, poidan cumprir co establecido na Orden do 18 de agosto do 2008, na que se regula as inspeccións obrigatorias e o tipo de instalación que debe pasala. De xeito esquemático cada 5 anos deberían pasar os garaxes de máis de 24 pazas, locais de pública concorrencia, centros de ensinanza, consultorios médicos, oficinas, bancos, seguros, xestorías, ximnasios, salóns de beleza, piscinas, … para máis información pode acudir a O.M.I.C. pertencente ao Concello de Ponteareas.