O 112 alerta aos bombeiros de Ponteareas por un incendio e un sinistro na A-52

Os bombeiros de Ponteareas, dependente da Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Ponteareas, acudiron ao aviso do 112 para sofocar un incendio nun vehículo na parroquia de Luneda, na Cañiza, arredor das 19:30 horas do día de onte. 

Hoxe ás 08:18 horas asistiron de urxencia ao vuelco dun vehículo na A-52 á altura de Guláns dirección Vigo alertados polo 112. Ata o lugar do  sinistro, no que estaban implicados dous vehículos, tamén se achegaron os sanitarios para atender aos accidentados e trasladalos aos centros hospitalarios.