O auditorio Reveriano Soutullo acolle unha charla dirixida aos coidadores de persoas maiores e dependentes

A asociación Medrando á par e a Concellería de Benestar Social, coordinada por Verónica Carrera, organizan o próximo mércores 8 ás 18.30 horas na sala de usos múltiples unha conferencia do terapeuta familiar e profesor da Universidade de Santiago de Compostela Carlos Vila

CARTAZ COIDADO DO COIDADOR PONTEAREAS def

Tense falado moito sobre os coidados das persoas maiores e dependentes, mais non é habitual falar sobre os/as propios/as coidadores/as, a outra cara da moeda. Unha realidade dura para os familiares, en moitas ocasións, atados a unha situación que os desborda, tanto física como psiquicamente.

As persoas nesta situación, xa sexa de xeito profesional, xa sexa por parentesco, sofren a miúdo estrés e cansazo porque teñen que adaptar toda a súa vida ás necesidades dos dependentes.

O relatorio trata de explicar cómo se poden e deben coidar a si mesmos para realizar unha mellor labor cos dependentes e cómo se poden axudar de recursos externos como os servizos sociais para mitigar a súa situación.