Zumba solidario para plantarlle cara á diabetes

O concello de Ponteareas convida a toda a veciñanza a participar na actividade de zumba solidario organizada pola Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia (ANEDIA) que terá lugar este sábado día 4 de maio ás 19:30 horas.

As monitoras Patricia Reche, Bárbara González e Mary Maldonado porán ritmo a este evento que se celebrará a beneficio de “Diabetes Cero” e ANEDIA no complexo municipal deportivo Álvaro Pino.

Os e as particpantes poderán aportar o seu donativo para contribuir na visibilización da diabetes e dos insulinodependentes que padecen esta enfermidade ao longo de toda a súa vida.

Toda a cidadanía que se achegue a porse en forma con esta divertida actividade terá unha camiseta, agasallo do concello de Ponteareas.

ANEDIA traballa para garantir a correcta atención a nivel educativo, laboral e sanitario das persoas con diabetes, prestando unha especial atención os máis novos e está integrada por un grupo de familias que vive coa diabete e que está preocupado por garantir a todos os nenos e nenas a correcta atención tanto a nivel educativo como sanitario, social,…