Zarzuela “ La del manojo de rosas”, este xoves no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, con entrada gratuíta

CARTEL TERESA NOVOA-MANOJO DE ROSASO Auditorio Reveriano Soutullo acollerá a representación da zarzuela “La del manojo de rosas”, ás 20:30 horas, organizada polo Concello de Ponteareas,  dentro do ciclo de música lírica “Tempo de Zarzuela” que terá lugar o día 12 de marzo coa representación desta zarzuela e o día 20 coa actuación da soprano Teresa Novoa.

“La del manojo de rosas” é unha famosa zarzuela, un sainete lírico en dous actos,  con letra de Anselmo Cuadrado Carreño e Francisco Ramos de Castro e música do mestre Pablo Sorozábal. Esta obra será semiescenificada e a representación actoral corre a cargo de Anais Fernández, Rodrígo Lomba, Sara  Brites, Roberto A. González, Sergio Macías, Manuel R. Reiriz, Beatriz Feijido, Alberto Abal, Ramón González e varios compoñentes do Coro “A Vila”. A música correrá a cargo da Orquestra Sinfónica do Conservatorio de Música Superior de Vigo, dirixida por Franper Rodríguez.