XV trofeo amizade

entrega trofeos amizadeO pasado sábado 22, celebrouse na piscina municipal de Ponteareas o XV Trofeo Amizade de natación. Tralas dúas sesións de competición, o C.N. Galaico de Pontevedra proclamouse vencedor, seguido do C.N. Ponteareas e o C.N. Rías Baixas. No evento puido verse a grandes nadadores galegos, sendo o máis destacado da cita por conseguir o Trofeo Concello de Ponteareas á mellor marca,  Daniel  Sánchez do club vencedor. Cabe destacar o grande ambiente vivido durante todo o día e a excelente organización tendo en conta o elevado número de participantes, máis de 200 procedentes de 10 clubs galegos.