O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Turismo, Hortensia Bautista, mantiveron recentemente unha reunión de traballo coa Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, a tamén ponteareá Dna. Nava Castro, na que lle solicitaron o apoio financeiro da Xunta para a recuperación da Praia da Freixa, un dos principais recursos turísticos de Ponteareas.
Represas explicou que “o proxecto de recuperación da praia fluvial da Freixa e o seu entorno está enmarcado nas liñas de actuación e promoción turística de Ponteareas en base aos recursos e as potencialidades da localidade”. O alcalde indicou que a posta en valor dos atractivos turísticos cos que conta Ponteareas é unha das prioridades que agora podemos abordar.
“Os espazos naturais, como río Tea, o seu entorno e o seu valor ecolóxico, paisaxístico e de ocio ambiental, de recreo e deportivo” é unha das liñas estratéxicas para o turismo de Ponteareas e a comarca”.
Nava Castro manifestou o seu interese polo proxecto e comprometeuse a apoialo, quedando pendente de concretar a realizaciún dun convenio de colaboración para financiar o custe das obras entre as dúas administracións, contemplando a posibilidade de que estas actuacións poideran realizarse entre 2018 e 2019.
O importe total do proxecto, que xa foi aprobado por toda a Corporación, suma 212.800€ euros. As obras teñen como finalidade revalorizar o espazo da Praia fluvial e o seu entorno para convertelo non só nunha área de lecer de calidade se non tamén nun reclamo turístico.
As actuacións, que pretenden unha renaturalización do espazo do areal e a zona lindante co río, realizaránse no espazo público para acondicionar e recuperar a praia fluvial e tamén o edificio da EDAR para aseos e vestiarios, deste xeito reutilízanse instalacións existentes, adaptándoas ás esixencias das normativas vixentes. Dotarase a praia dos servizos necesarios para o seu funcionamento retirando os elementos innecesarios que impiden o desfrute do espazo ao aire libre (canalización de instalacións, traslado de contedores, eliminación de asfalto e coches, ampliación de zona verde e novos camiños…)
Tamén se colocará un embarcadeiro, un dique que limite a praia, bancos de granito, mobiliario urbano, unha fonte, un aparcabicicletas, merendeiro, sinaléctica, papeleiras…
A obra complétase coa prantación de céspede, pavimentación de zona de aparcamento e un camiño de losetas de formigón entre outras actuacións.
“Con esta e outras actuacións nesta liña o que pretendemos é que os turistas vexan no noso Concello un lugar que merece a pena visitar, o que redundará positivamente en sectores como a hostalería, o comercio ou a rede de aloxamentos de turismo rural.” manifestou Represas.