Xornada de portas abertas no CEIP Feliciano Barrera de Guláns

As familias poderán coñecer as instalacións, falar coas e cos mestres e conversar coa ANPA

No CEIP Feliciano Barrera dispoñen de profesorado de reforzo pola tarde e dunha auxiliar de conversa americana

A concellería de Ensino, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, convida a toda a cidadanía á xornada de portas abertas do CEIP Feliciano Barrera o vindeiro martes 18 de febreiro.

Tódalas familias que así o desexen poden coñecer as instalacións, participar na visita guiada, asistir á charla do equipo directivo ou á da ANPA en calquera das dúas sesións nas que o centro educativo recibirá ás familias: ás 11:30 horas ou ás 16:00 horas.

Dende o ano 1959 o CEIP Feliciano Barrera ten abertas as súas portas para medrar xunto ao seu alumnado e afrontar, ano tras ano, o reto de formar persoas que melloren a sociedade.

En permanente actualización esta escola do rural estreita lazos coa súa contorna traballando a diario coa filosofía de aunar esforzos coas familias e coa súa parroquia para que a aprendizaxe diaria sexa máis personalizada e cercana.

Na xornada de portas abertas poderase visitar as aulas de infantil e primaria así como o resto das instalacións, coñecer ás mestras e aos mestres e trasladar todo tipo de preguntas e dúbidas.

O CEIP Feliciano Barrera está no barrio do Casal xunto á igrexa de Guláns. Todas as familias interesadas poden chamar ao número de teléfono 886 110 585 e obter máis información sobre a xornada de portas abertas ou sobre este centro no que traballan doce mestras e mestres reforzados por tres mestres itinerantes, unha auxiliar de conversa americana e a mestra do programa de reforzo polas tardes que fan posible que o alumnado obteña mellores coñecementos de inglés e atope un apoio educativo extra cando o precise.

En colaboración coa concellería de Ensino, o centro tamén ofrece a posibilidade da aula matinal