Xornada de portas abertas do conservatorio municipal

A concellería de Ensino e Participación Cidadá, que dirixe Cristina Fernández, informa que desde hoxe día 6 de maio ata o día 10 de maio de 2019, o Conservatorio Municipal organiza unha semana de portas abertas para que as familias e rapaces que estén interesados en estudar no noso centro poidan coñecer por dentro a sua actividade diaria, coñecer ao profesorado, consultar dúbidas, informarse sobre as probas de acceso, ou simplemente iniciar unha pequena viaxe musical a través dos distintos instrumentos.

Se che gusta o mundo da música e te sintes identificado con un instrumento en particular, non o dubides, cumplimenta o formulario que aparece na ligazaón e así poderedes coñecer de primeira man ao profesorado, o xeito no que se imparten as clases, etc.. 

http://conservatorio.ponteareas.gal/2019/04/03/xornadas-de-portas-abertas/?fbclid=IwAR07CJM8PaSHkB6AQ9Vq7nbgoKd3SSLbmwJa6wYr2nk-ba_6nKqO-katB3g

Recorda que poderás visitar libremente todos os departamentos que conforman o noso centro. A única condición e que sexas respetuoso coas instalacións, cos profesores/as e co alumnado que nese momento estén na aula.

Agardamos a túa visita.