I Xornada de negocios para empresarios e emprendedores

O concello de Ponteareas convida a particiapar na I Xornada de negocios exclusiva para empresarios e emprendedores do Condado Paradanta e Salceda de Caselas que terá lugar o vindeiro 28 de xuño de 16:00 a 20:30 horas no Castelo de Dona Urraca en Salvaterra de Miño.
Durante a xornada os participantes poderán dar a coñecer o seu negocio ou iniciativa e atopar novos clientes, colaboradores ou proveedores.
As prazas son limitadas e os interesados poderán inscribirse a través da páxina web www.gdrcondadoparadanta.gal ou no teléfono 986 66 33 29
A xornada desenvólvese en colaboración co Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Galicia, AGADER, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e Leader.