Xornada de cine este xoves ás 20.00 horas en Ponteareas

O Concello proxectará na sala multiúsos do Auditorio Municipal a película “Familia ao instante”

O cine está a ter unha gran importancia na programación de Nadal de Ponteareas e este xoves a vila do Tea volverá a vivir unha xornada adicada a gran pantalla. O Concello proxectará ás 20.00 horas a película “Familia ao instante” na sala multiúsos do Auditorio Municipal. O concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, lembra á veciñanza que a entrada é de balde ata completar aforo e anima a desfrutar desta comedia para todos os públicos.

 

A película conta a historia de Pete e Ellie, unha parella que decide compartir a súa felicidade e sumar á súa familia a Juan, Lita e Lizzy, tres nenos que son irmáns entre si. Unha decisión coa que comezan moitos enfados, ceas accidentadas e… sobre todo, unha gran familia.