Xogos e lectura en galego para pasar o verán

Xogos e lectura en galego completa a extensa listaxe ofrecida ás familias na pestaña “Recursos lúdicos e educativos” da páxina web do Concello. Dende o mes de marzo, a concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, quixo acompañar ás familias ofrecéndolle recursos didácticos cos que aproveitar o tempo de quedar na casa. Actividades para desfrutar aprendendo só ou en grupo e dirixidas a alumnado de primaria pero tamén de infantil.

Cristina Fernández quere agradecer a indispensable colaboración da mestra e escritora Susana Lamela e do equipo directivo da escola infantil municipal que deseñaron a listaxe de suxestións ofrecendo semanalmente un apoio ás familias.

A concelleira agarda que fosen de utilidade para as familias e adianta que seguirán todos os enlaces á disposición das e dos interesados durante todo o verán.