Xogos e contacontos na Biblioteca Municipal de Ponteareas o vindeiro mércores

A xornada desenvolverase entre as 11.30 e as 13.30 horas, é de balde, e a inscrición pódese facer na biblioteca, no teléfono 986 660 765, ou en bibliotecamuseo@ponteareas.gal

 

A Biblioteca Municipal de Ponteareas continúa ofrecendo actividades para os máis pequenos e pequenas da vila. O vindeiro mércores entre as 11.30 e as 13.30 acollerá unha xornada de xogos e contacontos para incentivar a lectura dende a diversión. A participación está dirixida a nenas e nenos entre 3 e 12 anos, é de balde, e a inscrición pódese facer na biblioteca, no teléfono 986 660 765, ou en bibliotecamuseo@ponteareas.gal.

 

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, explica que esta xornada forma parte do programa “Ao arredor do conto” co que se pretende “animar aos nenos e nenas, e tamén as súas familias, a ler, a contar historias, e a desfrutar da literatura”. Ademais o edil quere dar os parabéns ao persoal da biblioteca “polo seu gran traballo organizando e impulsando estas actividades tan importantes para a cultura da nosa vila”.